scatvids.club A LOT OF CRAP Concello do Barco : Santa Rita e Corpus, festas da primavera no Barco

Santa Rita e Corpus, festas da primavera no Barco

21.05.08 13:48

A Santa Rita coincide este ano co Corpus o que fixo que en Viloira cambiasen a súa Outava para a seguinte semana. Este domingo celébrase o Corpus no Barco coas alfombras de flores da Zona Vella. Sobre estes eventos planea a ameaza de chuvia dun mes de maio caracterizado pola inestabilidade.

Procesión de Santa Rita (fotografía tomada de www.osil.info)

Procesión de Santa Rita (fotografía tomada de www.osil.info)

Desde hoxe ata o domingo o campo da festa do Malecón acolle os bailes e as verbenas protagonizadas por orquestras de recoñecido prestixio, como Filadelfia e Noche de Estrellas. Numerosas atraccións ambulantes e tómbolas están instaladas nos lugares de costume. Os actos relixiosos en honor a Santa Rita de Casia terán a súa máxima expresión na procesión, coa talla realizada polo escultor Xelo de Tremiñá, que percorrerá as principais rúas da vila a partir das 12.30 h. A banda de música de Paradela será a encargada de amenizar os actos do día grande.

A Zona Vella volverá a lucir as súas alfombras de flores e serraduras de cores este domingo. Os preparativos comezan varios días antes e o mesmo domingo, de madrugada, realízanse os tapices florais que previamente foron debuxados no pavimento das rúas de San Roque, Real e San Mauro. Artesanía veciñal que será contemplada por numerosos barquenses antes da hora marcada para o paso da procesión.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng