Cheap Synthroid

Synthroid is especially important during competitions and for rapid muscle growth. No prescription needed when you buy Synthroid online here. This drug provides faster conversion of proteins, carbohydrates and fats for burning more calories per day.

Cheap Abilify

Abilify is used to treat the symptoms of psychotic conditions such as schizophrenia and bipolar I disorder (manic depression). Buy abilify online 10mg. Free samples abilify and fast & free delivery.

Sponsored:

The best online shops in Italy:

Concello do Barco : Visita O Barco unha representación do concello biscaíño de Ermua

Visita O Barco unha representación do concello biscaíño de Ermua

20.05.08 08:56

A próxima fin de semana visitará a nosa vila unha delegación do concello de Ermua, encabezada polo seu alcalde Carlos Totorika, devolvendo así a visita que, en maio do ano pasado, realizara a aquela vila vasca unha representación do Concello do Barco.

A delegación ermutarra manterá, a primeira hora do sábado, unha reunión con representantes do Centro Comercial Aberto, para coñecer de primeira man esta experiencia asociativa do comercio local. Ás 12 h terá lugar, no Teatro Lauro Olmo, unha recepción oficial que contará coas actuacións da Banda de Gaitas do Concello do Barco e do Orfeón Valdeorrés. A seguir a comitiva desprazarase ao Mosteiro de Xagoaza para visitar a igrexa, a adega, o mosteiro e a súa contorna.

Pola tarde continuarán o roteiro turístico cara á paraxe arqueolóxica-natural das Médulas, segundo o desexo expreso dos organizadores do intercambio. Ás 20.30 terá lugar, no Malecón, unha exhibición de deporte rural vasco que vai sorprender, sen dúbida, o numeroso público que se encontre a esas horas polo paseo. Concretamente serán dous aizkolaris (cortadores de troncos) e un harrijasotzaile (levantamento de pedras), os que realizarán para os barquenses unha demostración das súas habelencias.

Finalmente o domingo está prevista unha visita ao Santuario das Ermidas, no concello do Bolo, último acto desta visita institucional que foi organizada por Eduardo Ojea, tenente de alcalde e concelleiro de Cultura do Barco e por Félix Pol, tenente de alcalde de Ermua e natural das terras da Limia.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng