Comeza un obradoiro de Alfabetización Dixital no Centro Comarcal

26.03.08 10:38

O Centro Comarcal de Valdeorras en colaboración coa Rede de Dinamización da Sociedade da Información inicia un obradoiro de Alfabetización dixital de 6 horas de duración, que terá lugar os días 24, 25 ,26, 27,28 e 31 na sala de xuntas do Centro (Casa Riocigüeno-Rúa Veiguiña nº5) de 19 a 20 horas.

Con esta actividade preténdese  que os asistentes coñezan e sexan capaces de utilizar con certa soltura os funcionalidaes básicas do sistema operativo Windows, asi como navegar por Internet e crear a  sua propia conta de correo electrónico.Para máis información sobre o proxecto  pódese acudir ao  portal web da Rede de Dinamización da Sociedade da Información ou dirixirse por correo electrónico á dinamizadora que vai impartir este obradoiro.

A iniciativa da  Rede de Dinamización da Sociedade da Información do PEGSI (Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información da Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información) é unha das estratexias fundamentais para o desenvolvemento das políticas de inclusión na S.I. e o desenvolvemento rural. A Rede de Dinamización da Sociedade da Información axudará a levar a cabo actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información. A Rede conta con 100 dinamizadores e dinamizadoras, espallados pola xeografía galega en diferentes entidades, que desenvolven charlas, obradoiros e cursos de alfabetización dixital e outros de moi variada temática, adaptándose ás diferentes necesidades dos colectivos sociais tales como mulleres, persoas maiores, persoas con discapacidade, xuventude, asociacións e empresas.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng