Cheap Synthroid

Synthroid is especially important during competitions and for rapid muscle growth. No prescription needed when you buy Synthroid online here. This drug provides faster conversion of proteins, carbohydrates and fats for burning more calories per day.

Cheap Abilify

Abilify is used to treat the symptoms of psychotic conditions such as schizophrenia and bipolar I disorder (manic depression). Buy abilify online 10mg. Free samples abilify and fast & free delivery.

Sponsored:

The best online shops in Italy:

Concello do Barco : Cine europeo para conmemorar o Día das Mulleres

Cine europeo para conmemorar o Día das Mulleres

04.03.08 09:50

O sábado 8 de marzo é o Día Internacional da Muller Traballadora e con tal motivo, a Concellaría de Servizos Sociais e Igualdade ofrece este xoves día 6, en colaboración co Cine Club Groucho Marx, a película Irina Palm de Sam Garbarski, ás 20.30 e ás 22.30, no Teatro Lauro Olmo e con entrada de balde.

Irina Palm é unha coprodución de Bélxica, Alemaña, Francia, Reino Unido e Luxemburgo, que foi estreada en España en decembro de 2007. Está dirixida por Sam Garbarski e interpretada por Marianne Faithfull no papel protagonista, compartindo cartel con Miki Manojlovic e Kevin Bishop, entre outros. A película conta a historia de Maggie, unha muller de mediana idade,  que debe conseguir diñeiro para pagar o tratamento médico que necesita o seu neto.

A pesar de ter esgotado os seus recursos financeiros, Maggie estórzase en animar os desesperados pais do neno, o seu fillo Tom e a súa nora Sarah. Andando por Londres ve un anuncio de “Búscase azafata” e Maggie, inxenua, entra sen pensalo nun cllub erótico. Cando se decata exactamente de que se trata, a respectable viúva da clase media fica sorprendida. Pero Maggie decide aceptar o traballo porque é un modo rápido de obter diñeiro para pagar o tratamento do pequeno Olly. Maggie é tímida e non o pasa ben en “Sexy World”, un mundo que lle queda moito máis lonxe que o traxecto en tren desde a súa respectable vila nos arredores da gran cidade. A súa enxeñosa compañeira Luisa ensínalle os trucos do oficio e nace unha sorprendente amizade entre as dúas mulleres. Miki, o dono do local, é un tipo duro e mullereiro que se abranda diante de Maggie e transfórmaa na moi demandada e lucrativa “Irina Palm”.

Maggie acaba por demostrarse a si mesma que non é tan vella nin tan inútil. Porén, a dobre vida da viúva non tarda en chamar a atención das súas amigas e veciñas. Maggie non revela o seu segredo, e menos aínda ao seu fillo. Pero é inevitable que a descubran. Deberase enfrontar ao feo rostro da hipocrisía provinciana, ademais de cuestionar a súa moral. Coa cabeza ben alta, a simpática Maggie talvez atope algo máis que o amor da súa familia...

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng