dd Concello do Barco : Presentación dun proxecto para a crianza do porco celta

Presentación dun proxecto para a crianza do porco celta

18.01.08 14:31

A iniciativa pretende dinamizar economicamente as aldeas do concello e a recuperación de contornos abandonados.

A cita é hoxe, venres 18 de xaneiro, ás 20.00 horas no salón de actos do edificio Multiusos, nun acto ao que están chamados os/as pedáneos/as dos diferentes núcleos rurais e o conxunto da veciñanza das nosas parroquias. A charla informativa contará coa presenza do alcalde, Alfredo García, e mais o concelleiro de Medio Rural, Luís V. Arias, que salienta o interese que a idea suscitou xa entre varios residentes nas aldeas do municipio.

A técnica agrícola do concello, autora do estudo en que se basea este proxecto, mostraralles aos asistentes as características das explotacións desta raza autóctona que están a funcionar arestora en Galiza. Entre os trazos máis interesantes do porco celta a traballadora municipal sinala a súa resistencia, que posibilita a crianza ao aire libre e o aproveitamento dos recursos da zona, como os soutos. Tamén cómpre salientar o labor de limpeza que fan nos terreos que ocupan as explotacións, e a conseguinte prevención contra o lume, á parte da excelente calidade da súa carne.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng