"A revolución azul" exposición sobre a auga no Centro Comarcal

08.01.08 08:47

Profesionais do mundo da cooperación e creativos das mellores axencias de publicidade, uniron os seus esforzos para mostrarnos a problemática da falta de acceso á auga que sofren 1100 millóns de persoas en todo o mundo. A exposición pode verse no Centro comarcal ata o 30 de xaneiro.

Acción contra a Fame en colaboración coa S.A. para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia presenta “A Revolución Azul”, unha exposición que revisa a problemática da auga a través de carteis publicitarios e paneis didácticos, destinados a ofrecer ao visitante datos dabondo para comprender as situacións que se derivan da falta de auga potable. 

Para Acción contra a Fame, o acceso á auga potable é unha aposta fundamental para a saúde e a seguridade alimentaría. A organización  traballa en máis de 40 países cerca dos máis vulnerables aportando solucións sinxelas e sostibles ao problema da auga, porque sabemos que se a auga é sinónimo de vida, tamén pode ser sinónimo de morte: non hai que esquecer que máis de 3.900 nenos morren a diario por enfermidades relacionadas coa falta de acceso a auga de calidade e infraestructuras de saneamento básico.

Con esta exposición, ademais de presentar información do que ocorre na actualidade, tamén se poderá descubrir as solucións que se están levando a cabo en numerosos países, o esforzo xa realizado e as iniciativas para facilitar o acceso á auga, esencial para a vida.

Para todos aqueles intersados en acadar máis información poden porse en contacto co persoal do centro comarcal no 988 347 425 ou ben no correo ccvaldeorras@comarcasdegalicia.com.

 

 

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng