“Fotosonora” abre o Outono Fotográfico no Barco

31.10.07 09:04

Onte abriuse ao público na Galería Sargadelos a exposición “Fotosonora”, a primeira das dúas mostras que ofrece no Barco o Outono Fotográfico, evento que este ano celebra o 25 aniversario.

A mostra é froito da colaboración entre o Departamento de Imaxe, da Escola de Imaxe e Son da Coruña e o Conservatorio de Música da mesma cidade. Unha invitación ao espectador para disfrutar dunha sorte de fusión entre a música e a fotografía. Outro xeito de xogo coa linguaxe audiovisual: O son fronte a imaxe nun mesmo tempo e espacio perpetuado no papel fotográfico. Fotografías de Patricia Aparicio Rivas, Pol Cobas Almaraz, Adriana Collazo Suárez, Rubén Domínguez Pérez, Jorgelina Dragone Acevedo, Iria Gómez Martínez, Tamara González López, Rosa Hernández Facal, María López Díaz, Pablo Mariño Cortés, Laureano Martínez Pérez, Sebastián Quirós Ascariz, Juan Ramil Rivera, Marta Reigada Fernández, Laura Riera Díaz, Helena Rivera Bares, José Iván Seoane Sánchez, Iván Taín Viña e Santiago Teijeiro Vázquez.

Poderá visitarse no horario habitual da galería ata o 14 de novembro. Sargadelos é o único local que ofrece exposicións este ano dentro do "Outono", a Sala de Caixanova, habitual nesta cita, atópase actualmente en obras e o Centro comarcal ofrece outras exposicións.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng