"Vivindo con volcáns" unha interesante exposición para todos

22.10.07 11:39

"Vivindo con Volcáns" é unha interesante museografía temporal do Museo Nacional de Ciencias Naturais (CSIC), producida polo seu Vicedirector de Exposicións e Programas Públicos en colaboración co Departamento de Volcanoloxía do mesmo. Estará no Barco, no Centro Comarcal de Valdeorras, grazas ao patrocinio da Fundación Caixa Galicia. Poderá visitarse do 26 de outubro ao 11 de novembro e poden organizarse visitas de alumnos guiados polos seus profesores que contan cunha excelente guía didáctica como material de apoio.

Os volcáns supoñen non só unha das máis espectaculares manifestacións da dinámica terrestre, senón un veciño habitual de moitas poboacións humanas aportando tanto recursos como riscos naturais. A exposición -Vivindo con volcáns- céntrase nos diferentes procesos volcánicos e a súa influencia nos seres humanos. Esta mostra informa do traballo que a comunidade científica realiza sobre os volcáns para tratar de paliar os seus efectos. Dirixida a todas as idades e niveis de coñecemento sobre o tema, presenta unha colección de rochas volcánicas, pezas, libros e documentos históricos pertencentes ás coleccións do MNCN. A través de múltiples paneis e a combinación de diferentes soportes audiovisuais, sistemas interactivos e animacións por ordenador, o percorrido da exposición estrutúrase en 13 seccións: Mitos e volcáns; Volcanismo extraterrestre; Estrutura interna da Terra; Erupcións; Magmas; Altura da columna eruptiva; Volcáns do mundo; Produtos volcánicos; Volcáns e clima; Volcáns baixo o mar; Riscos volcánicos e vixilancia; Tesouros volcánicos do MNCN; Crónicas e O mundo de Vulcano.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng