Unha comedia con mirada corrosiva ao mundo masculino

22.10.07 09:46

Este venres ás 21:00 no escenario do TLO a compañía Fulano, Mengano e Citano presenta “Arte” da dramaturga francesa Yasmina Reza, un éxito nos teatros de todo o mundo que reflexiona con humor sobre aspectos das relacións humanas nas sociedades acomodadas en que vivimos.

Serxio acaba de mercar un cadro moderno por unha grande suma de diñeiro o que desencadea entre os seus amigos un debate sobre a pintura e a arte en xeral, e como consecuencia as distintas maneiras de percibir o mundo. A desproporción entre a causa e o efecto, na discusión, provoca unha serie de altercados violentos e desmesurados que producen finalmente risa.

Arte é un xogo dramático que fuxe da anécdota, revélanse as grandes preguntas que plantexa a sociedade moderna: unha sociedade de mercado na que o diñeiro é a referencia de calidade,na que o compromiso non está ditado pola defensa duns ideais senón pola defensa dos intereses persoais.
O valor dos individuos non reside no que son, senón naquelo que se pode facer con eles.Uns retos, un gran debate público,presentados en forma divertida na tribuna dun teatro que brilla po la súa vivacidade e o seu humor, nesta deslumbrante comedia, interpretada por X. M. Conde, Manuel Botana e Manuel Pombal, o elenco habitual da compañía, dirixidos nesta ocasión por Celso Parada.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng