dd Concello do Barco : Comeza o curso nas Escolas Deportivas Municipais

Comeza o curso nas Escolas Deportivas Municipais

28.09.07 11:42

Xa comezou o curso escolar. Os nenos precisan actividades deportivas para completar a súa formación e os adultos para manterse en forma e relacionarse. Está aberta a inscrición nas Escolas Deportivas.

Os máis pequenos contarán de novo coa Escola Multideportiva, os demais rapaces, ata os 15 anos poden participar nas clases de Atletismo, Piragüismo, Bailes de Salón, Baloncesto, Voleibol, Baloncesto, Ping Pong, Tiro con Arco, Fútbol e Fútbol Sala. A matrícula custa 15 euros nun único pagamento para calquera das disciplinas.

A xente maior deberá pagar unha matrícula de 40 euros que dá dereito a practicar Gimnasia de Mantemento, Tai Chi, Tiro con Arco, Bailes de Salón, Ping Pong ou Voleibol.

Para inscribirse ou ter máis información dirixirse á Oficina de Información Xuvenil polas mañás ou a Oficina das Escolas Deportivas, polas tardes, no baixo do Edifico Multiusos.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng