O Concello organiza unha camiñata das Rutas Saúdables

28.09.07 09:01

Este sábado, 29 de setembro, a concellería de Medio Ambiente que dirixe Luis Ramos, organiza unha andaina para presentar as Rutas Saudables, tres roteiros para o exercicio físico con consellos sanos. Ás 10 da mañá sairán os participantes da praza do Concello para cubrir 6 km. da Ruta do Azúcar.

O percorrido continúa pola Área recreativa do Salguieral, Viloira, estrada de Vilariño, O Coutado, onde se encontra o depósito da actual traída de auga e a mina que abastecía antigamente do líquido elemento a Casa Grande de Viloira, desde alí poderán contemplarse fermosas panorámicas sobre O Barco, para regresar pola ponte de San Fernando ao punto de inicio.

As Rutas Saudables complétanse coa do Colesterol, que vai pola Proba, A Raña e Viloira, cun percorrido de 6,2 km. e a da Tensión, que está sinalizada pola Veiguiña e Vilobal con 6 km. para andar. Todas elas son de dificultade baixa e teñen carácter circular con saída e chegada á praza do Concello do Barco, simbólico km-0, onde está situado un panel informativo co plano e o perfil topográfico de cada unha delas.

 

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng