Aberto o prazo para a inscrición do curso de Informática para nenos de 8 a 10 anos

10.07.18 12:45

O curso desenvolverase entre o 6 de agosto e o 31 de agosto en horario de 12:00 a 13:00 de luns a venres, na Aula Cemit (Edificio Multiusos, segundo andar), e hai en total 15 prazas.

A inscrición poderá realizarse presencialmente na aula CeMIT en horario de 12:00 a 14:00 horas, ou a través de internet, sendo o único requisito o de ser usuario/a da rede CeMIT, trámite que tamén pode realizarse a través da rede (https://cemit.xunta.gal).

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng