Curso Carpintería

22.11.10 14:30

Alumnos Curso Carpintería

Alumnos Curso Carpintería

Fai uns días clausurouse o Curso de Carpintería que se celebrou desde o mes de Maio no Barco, organizado polo Concello. O curso desenvolveuse ao longo de 820 horas.

No curso inscribíronse 15 persoas, pero finalizaron o mesmo 10, xa que os outros atoparon traballo durante a súa celebración e abandonaron as clases. A última xornada lectiva celebrouse o venres 19 de novembro, coa clase final do módulo de seguridade e hixiene. Antes, desenvolvéronse o resto de ensinos, tanto teóricas como prácticas, tanto nos talleres situados nos baixos do Polideportivo Municipal como na realización de diferentes traballos especificamente pensados para iso.

Entre as prácticas realizadas, destaca a restauración de mobiliario de madeira do antigo consistorio, entre o mesmo o que está no Salón de Plenos, así como outros elementos antigos distribuídos en diferentes servizos. Tamén realizaron tarefas prácticas en parques infantís, así como outros traballos de madeira para diferentes proxectos municipais, que lles serviron para formarse nunha profesión que pode ter demanda de cara ao futuro.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng