dd Concello do Barco : O CD Barco volve a Preferente logo de oito anos de ausencia

O CD Barco volve a Preferente logo de oito anos de ausencia

18.06.08 09:38

O Centro de Deportes Barco, tras unha notable tempada deportiva, acadou o ascenso á Preferente Autonómica, logo da renuncia doutros dous equipos que o precedían na clasificación. Había oito anos que os do Barco non militaban nesta categoría polo que o ascenso quere ser aproveitado para o relanzamento do club, que celebra este xoves asemblea ordinaria.

Os socios do Barco teñen unha cita este xoves ás 20.30 no Multiusos para escoitar o balance da xestión da directiva e planificar a tempada 2008-2009. Aínda non se sabe nada de novas incorporacións ao cadro vermello, que seguirá ás ordes de David Pérez, o adestrador que devolveu ilusión e confianza a afección cun proxecto competitivo traballado desde a base.

A directiva do CD Barco agradece ao Concello do Barco e a Deputación de Ourense o apoio recibido, para tomar a decisión de ascender, e pide aos barquenses que acudan a Calabagueiros para animar o seu club na andaina que comeza, que se asocien para incrementar a masa social da entidade, e que confíen nun proxecto deportivo que tratará de devolver o Barco aos seus momentos de gloria futbolística.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng