As relacións nai e filla na comedia Loló e mamá, este venres no TLO e

01.10.18 09:35

Loló e mamá é unha comedia contemporánea escrita por Esther F. Carrodeguas sobre as relacións dunha nai coa súa filla. Está interpretada por Josi Lage e Stephy Llaryora (De Ste Xeito producións). NO TLO o venres 5 de outubro ás 21 horas.

Margot, a nai de Loló, queda no paro e decide instalarse na casa da súa filla, a un océano de distancia. Pero o que semellaba unha idea xenial que axudaría a xuntar unha familia desestructurada dende sempre, pronto se transforma en desastre. Como acolle unha filla o retorno da nai? Quen é a nai e quen é a filla cando é esta última a que ofrece casa e sustento? Canto tempo pode pasar ata que esta bomba de reloxería estoupe definitivamente?

Loló e Mamá fainos ver, grazas a un humor fino e acedo, que as cousas case nunca son o que parecen, que as relacións familiares case sempre son máis difíciles do que nos gustaría e, sobre todo, que o amor é unha ferramenta de dobre fío: canto máis se ama, máis se sofre.

"Proceso de dramaturxia propia, contemporánea, eminentemente feminina, xurdida do noso proceso de investigación sobre o vínculo nai-filla; contemplando as súas interminables posibilidades vivenciais e artísticas. Abarcando dende a maior sinceridade interpretativa, todos os seus posibles conflitos, "amores e odios", cambios de roles; e os seus finalmente necesarios e inevitables reencontros. Pretendemos polo tanto, extraer o ouro e o barro, o claroscuro máis auténtico dende ou "humor medio tráxico" ou o "drama medio cómico"; elementos e cores, todos eles presentes e integrantes necesarios desta relación; finalmente para todos unívoca e universal."

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng