O domingo camiñada ao Castrelín de San Juan de Paluezas

13.04.16 11:01

O domingo 17 de abril Camiñadas Culturais disponse a unha nova descuberta relacionada co patrimonio, esta vez será o poboado astur do Castrelín, no concello berciano de Borrenes. Estará conducida unha vez máis por Santiago Ferrer, arqueólogo especialista en historia antiga.

O Castrelín, foto de Gustavo Docampo

O Castrelín, foto de Gustavo Docampo

O próximo domingo 17 de abril haberá unha nova Camiñada Cultural, esta vez o destino será ao Castrelín de San Juan de Paluezas, poboado preromano. O itinerario será circular, 11 quilómetros por camiños en bo estado e escaso desnivel. Apto para calquera persoa. Duración aproximada: 3 horas incluíndo paradas. O Castrelín é un xacemento arqueolóxico con dúas seccións dun tempo anterior a chegada dos romanos. O percorrido ofrece espléndidas vistas sobre os Montes Aquilanos, As Médulas e o encoro da Campañá, por un lado, e polo outro toda a amplitude da chaira do Bierzo. O Castelín é un dos tres xacementos arqueolóxicos visitables na contorna das Médulas, os outros dous son o castro de Borrenes e o asentamento metalúrxico de Orellán, este último de época romana.

Coma sempre non é preciso a inscrición previa, cada quen accede ao punto de partida cos seus propios medios. Hora de saída: 9h30. Lugar: un pouco antes do K-15 da N-536 no lugar coñecido como Las Ventas (San Juan de Paluezas). Dúas referencias: o "canal de Cornatel" e o Restaurante Las Ventas, ambos á esquerda da estrada en dirección Ponferrada. Para chegar dende O Barco: Coller a N-120 dirección Ponferrada ata A Barosa. Xusto ao saír do último dos tres túneles coller a LE-191 en dirección a Carucedo, logo a N-536 dirección Ponferrada, pasado o núcleo de Carucedo continuar ata ver á esquerda o Restaurante Las Ventas, hai un amplo sitio para deixar os coches e un panel explicativo da ruta.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng