Feo! unha comedia sobre a diversidade para público infantil e familiar

11.03.16 09:52

O venres 18 de marzo ás 20h no TLO Caramuxo Teatro presenta Feo! unha comedia para nenos a partir de 3 anos e familias, baseada no conto O Parrulo Feo de Hans Cristhian Andersen. Está nominada ao Premio María Casares ao Mellor Espectáculo Infantil.

A pequena fábrica de parrulos de goma Il Papero Giallo produce tódolos dias centos e centos de parrulos do mesmo tamaño e cor, mais un dia sae un parrulo diferente...

Feo! é un canto á diversidade e a esencia de un mesmo, un espectáculo de pequeno formato, unha comedia para toda a familia.

Caramuxo Teatro é unha compañía de teatro infantil e familar nada na Coruña no ano 2003 dirixida por Juan Rodríguez e Laura Sarasola. Traballa ademais, nunha liña específica na creación de espectáculos para os máis pequenos.

Caramuxo crea espectáculos poéticos e visuais axeitados para gozar en familia, tendo unha especial responsabilidade co público mais novo.

Dende os inicios mistura diferentes técnicas, teatro de actor, títeres, danza..

A liña de traballo parte duns textos elaborados a partir da experiencia no eido educativo, tratando de ser un referente de producións de calidade, creando espectáculos nos que se consideren aspectos didácticos a nivel cultural ademais do artístico, que consigan a fidelización do público.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng