Viaxe a Madrid para ver o musical Pricilla, reina del desierto

01.02.16 12:50

A Concellaría de Cultura e Educación anuncia a realización dunha viaxe cultural a Madrid para asistir ao musical "Priscila, reina del desierto" que está protagonizado polo actor barquense Christian Escuredo. A excursión tería lugar o sábado 13 de febreiro e as persoas interesadas deberán poñerse en contacto co Servizo de Cultura no teléfono 988320053 ou por correo electrónico (cultura@concellodobarco.org)

O prezo da excursión é de 75 euros e inclúe a viaxe en autocar, a entrada en platea (filas 4 a 11) na función das 18 horas no Teatro Alcalá e o xantar en La Tasca de Figueroa.

Baseado na película gañadora dun Oscar, o musical Priscilla, con libreto de Stephan Elliott e Allan Scott, narra as divertidas experiencias de tres artistas drag que atravesan o deserto australiano a bordo dun estrafalario autobús que lle dá nome ao musical, representando o seu atrevido espectáculo nunha viaxe na procura do amor e da amizade. O próximo 28 de febreiro, cando leve 510 funcións continuadas e máis de trescentos mil espectadores no Teatro Alcalá, Priscilla rematará o seu ciclo en Madrid. No verán iniciará unha xira por varias cidades españolas

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng