Cheap Synthroid

Synthroid is especially important during competitions and for rapid muscle growth. No prescription needed when you buy Synthroid online here. This drug provides faster conversion of proteins, carbohydrates and fats for burning more calories per day.

Cheap Abilify

Abilify is used to treat the symptoms of psychotic conditions such as schizophrenia and bipolar I disorder (manic depression). Buy abilify online 10mg. Free samples abilify and fast & free delivery.

Sponsored:

The best online shops in Italy:

Concello do Barco : Xa está na rúa o cartaz e o programa do Entroido

Xa está na rúa o cartaz e o programa do Entroido

27.01.16 11:00

Xa estamos ás portas do Entroido. A Concellaría de Cultura e Educación ten preparado un programa que terá o seu prato forte o martes 9 de febreiro co desfile de comparsas, folións e disfraces que partirá ás 17h30 da avenida Conde Fenosa, á altura do HCV, e rematará na praza Maior.

Tras o desfile a praza Maior será o escenario para as actuacións de folións e grupos musicais, entre outros a Batucada Bate no Cobre e a Fanfarria Takicardia. O domingo haberá un baile e karaoke infantil na mesma praza a partir das 17h30 e o mércores ás 20h30 celebrarase, no mesmo lugar e polas rúas Real e San Mauro, o Enterro da Sardiña a xeito de despedida.

Este ano o programa convoca a correr a fariña, un costume ancestral que se foi perdendo. A tal fin vaise habilitar o aparcadoiro situado entre a avenida Conde Fenosa e o Malecón para que o luns día 8 de febreiro, quen o desexe, poda participar na fariñada, limitándose ao recinto, utilizando unicamente fariña e sen mancarse nin facer danos en fachadas, vehículos ou mobiliario urbano.

Tamén se celebrarán as Xornadas Gastronómicas do Entroido, que van pola XVII edición e que organiza AEVA. Oito restaurantes ofrecerán do 4 ao 9 de febreiro os seus menús de Entroido.

Para participar no concurso de comparsas do martes os interesados deberán inscribirse no Servizo Municipal de Cultura (Teatro Lauro Olmo) ata ás 12 horas do día 8 de febreiro. Segundo o número de compoñentes que integren cada comparsa recibirán o premio: 150 euros para as de 10 a 20 persoas, 200 euros para as de 21 a 30 membros, 250 para as compostas por 31 a 40 e 295 euros para as que teñan 41 ou máis.

Comienza la descarga del archivoIr ao programa do Entroido e Xornadas Gastronómicas

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng