Este venres Tanxarina presenta "A casa do avó" para público familiar

27.10.15 09:06

Con siluetas animadas e actores Tanxarina Títeres constrúe unha historia de teatro social adaptada ao público infantil e da que tamén gozan os adultos. "A casa do avó", escrita e dirixida por Cándido Pazó, poderá verse no TLO este venres, 30 de outubro ás 20h00 (o horario do público familiar).

Tanxarina refírese a esta obra como “Unha peza de teatro social e educativo onde os dereitos dos nenos e dos maiores van máis alá do puramente artístico” Entendemos que os máis pequenos teñen dereito ao descanso, ao xogo, a realizar actividades propias da súa idade..., pero tamén cremos que teñen dereito a participar plenamente dunha vida cultural e artística, a ser coñecedores do que pasa ao seu redor dunha maneira apropiada e en condicións de igualdade.”

Roberto recibe a noticia de que seu avó vai quedar sen casa. Ante esta inxusta situación o neno ponse en marcha para atopar unha solución e, nesta busca, dispárase un mundo de pequenas e divertidas aventuras protagonizadas polas máis variadas personaxes. Un encontro cómico e poético que desemboca nun final feliz propiciado polo apoio solidario.

Sobre o escenario os coñecidos actores-manipuladores Eduardo Rodríguez Cunha "Tatán", Miguel Borines e Andrés Giráldez. Os deseños, escenografía e atrezo son obra de Pablo Giráldez 'O Pastor'. O guión e a dirección de Cándido Pazó. Duración: 50 minutos.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng