Cheap Synthroid

Synthroid is especially important during competitions and for rapid muscle growth. No prescription needed when you buy Synthroid online here. This drug provides faster conversion of proteins, carbohydrates and fats for burning more calories per day.

Cheap Abilify

Abilify is used to treat the symptoms of psychotic conditions such as schizophrenia and bipolar I disorder (manic depression). Buy abilify online 10mg. Free samples abilify and fast & free delivery.

Sponsored:

The best online shops in Italy:

Concello do Barco : Vaixe para ver "33, el musical" que protagoniza Christian Escuredo

Vaixe para ver "33, el musical" que protagoniza Christian Escuredo

27.03.19 11:39

A Concellaría de Cultura e Educación organiza unha viaxe a Madrid para ver "33, el musical", un espectáculo que está protagonizado polo actor barquense Christian Escuredo. Será o sábado 6 de abril, sempre que se cubran as 50 prazas dispoñibles. O prezo da excursión é de 69 euros (viaxe, comida e entrada).

As persoas interesadas deberán poñerse en contacto co Servizo de Cultura no teléfono 988320053 ou por correo electrónico (cultura@concellodobarco.org) ata as 12h do martes 2 de abril, onde se lles facilitará unha conta para ingresar o importe da reserva.

Os 69 euros inclúen a viaxe ida e volta en autocar, o xantar e a entrada en platea lateral na función das 17 horas no Espacio 33 - Ifema - Madrid.

O autocar sairía do Barco ás 9 horas (praza do Concello) pararía en Arévalo para o xantar, chegando ao Espacio 33 de Ifema para entrar á función das 17 horas. O espectáculo ten unha duración de 3 horas, ao finalizar emprenderíase a viaxe de volta ao Barco.

"33, el musical" foi estreado en novembro de 2018 e conta como, a pesar dos consellos da súa nai, Jesús, un carpinteiro de Nazaret, decide ir a Xerusalén impulsado pola ilusión de levar a mellor das noticias.

Acompañado de grupo de seguidores e esquivando a un demo sofisticado e perigosamente sedutor, chega a unha cidade decadente que lle recibe como unha auténtica revolución. A súa mensaxe e os seus comportamentos provocan tanto a admiración como o maior dos rexeitamentos. E iso iralle levando a un desenlace terrible que terminará con toda a súa utopía nunha escura traxedia.

Pero e se a historia non se acabase aquí...? 33, un musical que cambiará a visión do mundo cunha mensaxe de amor.

Máis información do espectáculo en https://www.33elmusical.es/

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng