Cheap Synthroid

Synthroid is especially important during competitions and for rapid muscle growth. No prescription needed when you buy Synthroid online here. This drug provides faster conversion of proteins, carbohydrates and fats for burning more calories per day.

Cheap Abilify

Abilify is used to treat the symptoms of psychotic conditions such as schizophrenia and bipolar I disorder (manic depression). Buy abilify online 10mg. Free samples abilify and fast & free delivery.

Sponsored:

The best online shops in Italy:

Concello do Barco : DECLARACIÓN INSTITUCIONAL DO CONCELLO DO BARCO SOBRE A ANUNCIADA CENTRALIZACIÓN DOS EXÁMENES TEÓRICOS DO CARNÉ DE CONDUCIR

DECLARACIÓN INSTITUCIONAL DO CONCELLO DO BARCO SOBRE A ANUNCIADA CENTRALIZACIÓN DOS EXÁMENES TEÓRICOS DO CARNÉ DE CONDUCIR

20.07.15 19:00

Reunidos os portavoces dos tres partidos con representación na Corporación do Barco de Valdeorras (PSdG-PSOE, PP e Riada Cidadá) para analizar a decisión da DGT de centralizar en Ourense os exames teóricos do carné de conducir, queremos manifestar o seguinte:

-A volta atrás nesta decisión anunciada o venres pola tarde pola DGT resulta satisfactoria polo de agora, pero consideramos necesario seguir vixiantes porque o “globo sonda” lanzado polo goberno e as formas utilizadas para iso (anuncio repentino, dun día para outro), fainos pensar que se trata dunha decisión que podería deixarse en suspenso durante un tempo, pero volver a retomarse nun futuro próximo. Hai que recordar que a primeiros dos anos 80 xa houbo unha tentativa para quitalo.

-A decisión parécenos unha agresión flagrante ao medio rural, polo que supón de retirada dun servizo que utilizan en torno a 500 persoas ao ano. De manterse esta centralización terían que trasladarse a máis de 100 quilómetros de distancia para facer unha proba que dura entre 10 e 20 minutos.

-Os criterios esgrimidos para xustificar a centralización resúltannos incomprensibles e alonxados da realidade: falar de modernización e accesibilidade, cando para os veciños de Valdeorras este feito supón un grave prexuízo de tempo, cartos e alonxamento da administración é unha contradición que os valdeorreses non podemos entender.

-Dende o Concello do Barco seguiremos a loitar para que non se perdan servizos nesta bisbarra. Xa o tivemos que facer para evitar a reforma xudicial, fixémolo para que non se privatizaran os Rexistros Civís, a defensa sanitaria, e tamén o faremos neste caso. A retirada de servizos en comarcas coma esta, alonxada da capital da provincia e cunhas comunicacións por ferrocarril e estradas moi mellorables, pode ter unhas repercusións enormes para a veciñanza. Así non se fixa poboación no rural.

-Consideramos que a DGT, coma outros organismos do goberno central, tomaron esta decisión sen pensar nas repercusións que este feito pode provocar nas poboacións e bisbarras ás que afecta a centralización dos exames. Non se falou, nin se negociou nin se valoraron os pros e as contras, senón que se comunicou, tanto ás autoescolas coma ao concello, coma un feito consumado.

-Por último, anunciamos a nosa intención de continuar vixiantes neste e noutros temas que puideran xurdir en relación aos servizos que esta bisbarra precisa, e aínda que nos mostramos dispostos a negociar con todos os organismos que sexan precisos para manter os servizos para os veciños, tamén estaremos dispostos a levar a cabo todas as medidas de presión que sexan precisas no caso de que co diálogo non se obteñan os resultados que todos desexamos.

Neste caso, se houbera unha necesidade específica, o Concello móstrase disposto a colaborar coa DGT para lograr o mantemento dos exames, do mesmo xeito que se ten feito desde hai anos para a celebración das probas nun aula do Concello na Cerámica.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng