Cheap Synthroid

Synthroid is especially important during competitions and for rapid muscle growth. No prescription needed when you buy Synthroid online here. This drug provides faster conversion of proteins, carbohydrates and fats for burning more calories per day.

Cheap Abilify

Abilify is used to treat the symptoms of psychotic conditions such as schizophrenia and bipolar I disorder (manic depression). Buy abilify online 10mg. Free samples abilify and fast & free delivery.

Sponsored:

The best online shops in Italy:

Concello do Barco : I Roteiro Fotográfico "Do val policromado en San Martiño"

I Roteiro Fotográfico "Do val policromado en San Martiño"

23.10.13 10:37

O concello do Barco inclúe no Outono Fotográfico este I Roteiro, que toma o título dun verso de Delgado Gurriarán e que propón un xogo mesturando a fotografía cos versos do poeta de Córgomo.

Trátase dunha actividade non competitiva para activar un outro xeito de ollar a realidade na que nos movemos todos os días, de poñer a creatividade na observación dun momento, na descuberta dun detalle que moitas veces pasa desapercibido, na estética da paisaxe e o patrimonio cultural do Barco e da súa comarca. Trátase de unir fotografía e língua como partes do proceso de comunicación, de favorecer o encontro e o intercambio de ideas e coñecementos entre fotógrafos e amantes da fotografía.

A actividade desenvolverase do seguinte xeito:

O sábado 9 novembro 2013. Sete versos, sete fotos.
De 9h30 a 13h30, partindo do Teatro Lauro Olmo haberá un roteiro urbano común para todos os participantes. A organización entregaralles sete versos de FDG que inspirarán as fotos que se tomen no percorrido. Cada fotógrafo entregará unha delas por cada verso.

Os días 9, 10 e 11 novembro 2013. Un poema, unha serie de cinco fotos. Sobre o poema ou fragmento que se lles dará , os participantes deberán elaborar unha serie de cinco fotografías tomadas eses días en calquera lugar da comarca de Valdeorras.

Poden participar persoas de todas as idades (menores con autorización e acompañados). Todas as fotos serán proxectadas nun acto público e formarán parte dunha galería virtual que se difundirá a través da Rede.

As inscricións poden facerse, ata as 14h. do 7 de novembro, cubrindo o seguinte FORMULARIO DE INSCRICIÓN

Máis información: REGULAMENTO DE PARTICIPACIÓN

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng