Cheap Synthroid

Synthroid is especially important during competitions and for rapid muscle growth. No prescription needed when you buy Synthroid online here. This drug provides faster conversion of proteins, carbohydrates and fats for burning more calories per day.

Cheap Abilify

Abilify is used to treat the symptoms of psychotic conditions such as schizophrenia and bipolar I disorder (manic depression). Buy abilify online 10mg. Free samples abilify and fast & free delivery.

Sponsored:

The best online shops in Italy:

Concello do Barco : Comeza hoxe o III Ciclo de Teatro Afeccionado Lauro Olmo

Comeza hoxe o III Ciclo de Teatro Afeccionado Lauro Olmo

15.02.13 10:46

O grupo compostelano NNC Teatro abre hoxe venres, ás 21 horas, o III Ciclo de Teatro Afeccionado Lauro Olmo coa súa versión de "Esperando a Godot" de Samuel Beckett. O ciclo, que está organizado por Gargallada Teatro e a Federación Galega de Teatro Afeccionado, prosegue mañá sábado e os días 22 e 23 de febreiro presentando un total de catro comedias, todas as 21 h. e coa entrada a 3 euros.

O “Esperando a Godot” de NNC Teatro está dirixido por Beatriz Méndez e conta con Roi Méndez, Carla Capeáns, Paula Díaz e Cristina Amboage na interpretación, ademais da propia directora. NNC Teatro comezou a súa andaina aló polo 2004 ao abeiro da Universidade de Santiago de Compostela e os seus traballos foron seleccionados en tres ocasións para participar no Festival Agustín Magán. 

Mañá sábado continúa o ciclo con Nova Escena Teatro que vai representar "2155" de Xoán C. Laxe.  Trátase dunha obra de ambientación futurista sobre a degradación da sociedade e o control das masas por parte dos medios de comunicación. Está dirixida polo propio autor do texto Xoán C. Laxe e interpretada por un amplo elenco formado por Andrés Castelo, Cándido Díaz, Chelo Trinidad, Encarnación Vázquez, Francisco J. González, Iván R. Crego, María Lage, María Márquez, Mariana Vázquez, Marifi Ares e Xoán C. Laxe.

O venres da próxima semana, 22 de febreiro, subirá ás táboas do Teatro Lauro Olmo, Gabriel Prada (Gargallada Teatro) para ofrecer, de novo no Barco, “Quimera” unha creación do propio Prada dirixida por Paco González e na que crea diversas situacións cómico-dramáticas centradas na figura dun clow que anda na procura de si mesmo, descubrindo o que o rodea coa inxenuidade e a curiosidade dun neno. A obra tense presentado en varias localidade de Galicia e participou, con éxito, no último festival Agustín Magán no Teatro Principal de Compostela.

A última representación do III Ciclo Lauro Olmo de Teatro Afeccionado será o sábado 23 de febreiro. O grupo Porta Aberta Teatro, formado por antigos alumnos da Escola Oficial de Idiomas de Vigo, presentará “Aquí non paga ninguén” do nobel italiano Dario Fo. “Non si paga, non si paga!” foi o título orixinal desta farsa política escrita por Fo a principio dos anos 70, logo adaptada e actualizada por el mesmo en 2011. Ë unha reflexión sobre as dificultades económicas das familias traballadoras onde as protagonistas, Antonia e Margherita, deciden rebelarse contra o sistema levando sen pagar do supermercado as mercancías que necesitan.

 

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng