8º Camiño das Covas do Castro

21.06.12 16:00

Unha decena de covas de O Castro abrirán o próximo día 30 as súas portas para a celebración da 8ª edición do Camiño das Covas, organizado pola Agrupación de Bodegueiros de O Castro e o Concello de O Barco de Valdeorras. As entradas para participar nesta actividade poranse á venta o mesmo día da celebración, na propia poboación de O Castro, ao prezo de 9 euros –o mesmo que o ano anterior- Cada visitante recibirá un vaso de barro para degustar os vinos de todas as covas participantes, onde tamén se contará con pinchos de moi diferente tipo, preparados pola organización. A apertura das covas iniciarase ás sete da tarde, e ás once, con elas xa cerradas, ofrecerase un concerto na praza de O Castro.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng