Cheap Synthroid

Synthroid is especially important during competitions and for rapid muscle growth. No prescription needed when you buy Synthroid online here. This drug provides faster conversion of proteins, carbohydrates and fats for burning more calories per day.

Cheap Abilify

Abilify is used to treat the symptoms of psychotic conditions such as schizophrenia and bipolar I disorder (manic depression). Buy abilify online 10mg. Free samples abilify and fast & free delivery.

Sponsored:

The best online shops in Italy:

Concello do Barco : As exposicións do Outono Fotográfico

As exposicións do Outono Fotográfico

28.10.09 08:46

O Barco súmase un ano máis ao Outono Fotográfico, evento cultural que transcorre por toda a provincia de Ourense e algunhas localidades limítrofes neste mes de novembro. Estas son as exposicións programadas na nosa vila.

UN ANACO DE CADA UN
Mostra heteróxenea de estudantes da Escola de Arte Mestre Mateo de Santiago. Diversos estilos, formatos e técnicas ata orixes dos autores nun collage cun nexo común: a mirada clara que dá a forza da mocidade, que non da inexperiencia. Eles son: Ángela Anido, Loreto de Araújo, Sara Balado, María Teresa González Borace, Esteban Leyton, Jennifer Otero, Rafael Pasadas, Ana Pernas, Xavier Podevin, Alicia Saavedra.
Na Sala de Caixanova, do 29 de outubro ao 14 de novembro

UNHA PAUSA NO TEMPO
de Óscar Rodríguez Nogueira
Afortunado aquel que é capaz de apreciar a beleza das pequenas cousas, e o mundo no que vivimos está cheo: as follas no outono, o sorriso dun neno, a choiva, as pedras no río, unha flor, o sol atravesando o teu cabelo, ... O desexo de quén atrapou ese instante para transmitir todas esas emocións. Amosa varias instantáneas, froito das súas viaxes por Francia, Portugal, Finlandia, Estonia e Galicia. En colaboración con AFEM Morea.
Na Galería Sargadelos, do 1 ao 15 de novembro

CAMIÑO, FOTO E PALABRA
de Juan Rúa
O Camiño de Santiago é un camiño exterior e interior. Pés, corazón e alma. A compañía, a soidade, a música, o silencio, o frío, a calor, a auga, a sede, a fame, a fartura, a dor, a ledicia, a sombra, a luz, os soños, as pedras, o lusco fusco, o amencer, as caricias do vento, o arrecendo da lúa chea... no Camiño cada momento é diferente.
Na Sala de Caixanova , do 16 ao 30 de novembro

IV PREMIO MANUEL BLANCO PASCUAL
De fotografía sobre o patrimonio cultural de Valdeorras. Varios autores. O Instituto de Estudos Valdeorreses (IEV) presenta os resultados do concurso que convoca para honrar a memoria do fotógrafo barquense, desaparecido trala guerra civil, Manuel Blanco Pascual, o que máis e mellor ten fotografado a vida social, o territorio e os elementos patrimoniais do Barco e a súa comarca entre 1915 e 1936. Serán expostas tanto as obras premiadas como as finalistas.
Na Galería Sargadelos, do 17 de nov. ao 9 de decembro

FOTODIVERSA
de Marta Bran, Jonatan Cabaleiro Pradairo e Bea Romarty
a obra desta última é unha particular homenaxe a Bergson a través de fotoescaner, unha técnica na que ven traballando dende hai catro anos.
Nos Cafés La Galería, Principal, e Veira Sil, en decembro.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng