Cheap Synthroid

Synthroid is especially important during competitions and for rapid muscle growth. No prescription needed when you buy Synthroid online here. This drug provides faster conversion of proteins, carbohydrates and fats for burning more calories per day.

Cheap Abilify

Abilify is used to treat the symptoms of psychotic conditions such as schizophrenia and bipolar I disorder (manic depression). Buy abilify online 10mg. Free samples abilify and fast & free delivery.

Sponsored:

The best online shops in Italy:

Concello do Barco : Posta en marcha das mesas de participación da Axenda 21 Local

Posta en marcha das mesas de participación da Axenda 21 Local

24.03.08 13:37

O Concello do Barco, en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente e a empresa Idom, promoverá a participación cidadá no proceso de elaboración da Axenda 21 Local a través da organización de dúas mesas de traballo nas que estarán convocados os principais axentes representativos do municipio.

As devanditas mesas terán por obxecto contribuír no proceso de creación dun municipio que sexa exemplo de crecemento económico e social á vez que un modelo de respecto e protección do medio ambiente. 

A creación de canles para conseguir que os cidadáns coas súas opinións sexan parte activa no proceso de toma de decisións do concello é unha liñas prioritarias incluídas dentro do programa piloto “Núcleos de Sostibilidade” que está a desenvolver a Xunta de Galicia dende o ano pasado. Este proxecto, no que se integran 13 municipios, pretende estenderse ao resto de Galicia e ser o promotor do desenvolvemento sostible a nivel local a través da creación dun Plan Integrado de Sostibilidade Local. Este será o instrumento básico de decisión nas actividades de goberno do Concello e o programa onde se sentarán as bases dun proxecto a longo prazo.

Por este motivo no Barco de Valdeorras porase en marcha o 25 de marzo ás 13:30 horas a primeira mesa do sector municipal, na que participarán técnicos da administración local e responsables dos distintos partidos políticos do municipio; e o vindeiro 7 de abril ás 19:30 horas  celebrarase a mesa dos sectores asociativo e económico, na que estarán convocados representantes das asociacións de ámbito municipal e os empresarios valdeorreses.

Estas mesas terán como obxectivo principal posibilitar a confrontación de ideas e o intercambio de opinións entre os axentes convidados. Os participantes expoñerán os problemas ambientais e socioeconómicos de maior relevancia no municipio, suxerirán propostas de mellora e analizarán con axuda dos coordinadores da mesa a evolución da Axenda 21 Local. Desta forma teranse en conta os distintos puntos de vista e opinións presentes no conxunto do Concello de O Barco de Valdeorras.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng