As Festas do Cristo 2019 ofrecen un programa amplo e diverso

20.09.19 13:53

O pregón de Agustín González "Tinín" o día 13, será o comezo oficial das Festas do Cristo 2019 que se anuncian cun cartel de Mauro Docampo Gacio e que terán lugar entre o 13 e o 16 de setembro, día ao que se trasladou o festivo local. A próxima fin de semana, días 7 e 8. haberá numerosas actividades como anticipo festeiro.

Agustín González "Tinín" (A Rúa, 1960), alma mater do club ADAS de atletismo, é a persoa encargada este ano de ler o pregón e botar o chupinazo, polo seu destacado papel na dinamización dos deportes de base e escolares en Valdeorras. Precisamente os eventos deportivos constitúen unha parte salientable do programa co Descenso do Sil e a Milla Urbana como máis destacados pola súa historia e impacto social.

As orquestras e as verbenas, grupos de música de rúa, de teatro infantil, concertos, festa das pandillas, xogos para a infancia, fogos artificiais, actos na honra do Nazareno ou arte nas rúas e prazas, conforman un ronsel de actividades gratuitas nun programa pensado para públicos diversos que podedes descargar neste enlace: https://drive.google.com/file/d/1ZCgLIbnMVkdqT70WbLNTiT0sOgiMeWyz/view?usp=sharing

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng