Cine de calidade para rematar agosto

21.08.08 10:02

A decimoitava edición da Seman de Cine do Barco abirá mañá as súas portas co filme de Nacho G. Velilla, Fuera de carta, un dos cinco títulos que conforman o ciclo de cine español que, xunto aos de actualidade e infantil, completan a oferta desta xa clásica cita coa séptima arte no Barco.

O cine clube Groucho Marx, responsable da organización e programación do evento, seleccionou para o ciclo de cinema de actualidade as películas Los Falsificadores, película xermana e austriaca dirixida por Stefan Rozowitzky; a inglesa e norteamericana Antes que el diablo sepa que has muerto, de Siynel Lumet; a estadounidense Cometas en el cielo, de Marc Foster; a italiana Caos Calmo, de Antonello Grimaldi e a produción franco-xaponesa El bosque del luto, de Noami Kawase.

As películas de produción española estarán representadas, ademais de Fuera de Carta que protagonizará a sesión inaugural o venres ás once menos cuarto da noite, por Casual day, de Max Lemcke; Un novio para Yasmina, de Irene Cardona; Abrígate, de Ramón Costafreda e Todos estamos invitados, de Manuel Gutiérrez Aragón.

A oferta para o público infantil consta igualmente de cinco películas, Indiana Jones y el reino de la calavera de cristal, de Steven Spielberg; Speed Racer, dos irmáns Wauchoski; El patito feo y yo, de Michael Hegner e Karsten Kilerich; Las crónicas de narnia: el príncipe Caspian, de Andrew Adamson e finalmente o filme de animación Kung fu Panda, de Jhon Stevenson e Marl Osborne.

As proxeccións terán lugar no Teatro Lauro Olmo ata o día 2 de setembro. Velaquí os horarios de todas as proxeccións.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng