The Golden Section, concerto para metais na praza Maior

19.08.08 09:46

Ademais das Xornadas de Folclore de Ourense que terán lugar o mércores, esta semana poderemos asistir no Barco a un dos concerto máis agardados do verán, o que ofrecerá o sexteto británico The Golden Section, un concerto para metais de virtuosos solistas das mellores orquestras de Londres, dirixidos polo trombonista Simon Gunton. O acto, patrocinado por Caixanova, dará comezo ás 23 h. na praza Maior.

A axenda cultural desta semana presenta dúas convocatorias ben interesantes. As Xornadas de Folclore celebrarán o seu 25 aniversario cun espectáculo composto por pezas tradicionais de Bolivia, Bénin, Xeorxia e a república rusa de Komi. Será no campo da festa do Malecón o mércores a partir das 22,30 h.

The Golden Section, que estará o venres na praza Maior, é un conxunto de metais formado no ano 2002 para continuar a liña de inovación e excelencia que marcara a Wallace Collection, cada un dos seus compoñentes, trompetas ou trombóns solistas, pertencen a Philharmonia de Londres, a Royal Philharmonic ou a London Symphony Orquestra. Tratase dun sexteto de gran talento e capacidade interpretativa que  ten realizado xiras polo seu país e por Australia, Singapour e Corea. En España teñen actuado na praza Mayor de Madrid, no programa de TVE El Conciertazo, que dirixe Fernando Argenta,  no teatro Gayarre de Pamplona e no Palacio de Festivales de Santander, entre outros escenarios.. No concerto do Barco ofrecerán un repertorio con obras de Louis Amstrong, Jim Parker, George Gershwin e Benjamin Britten.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng