Comezan dous cursos de iniciación á informática e de mecanografía

14.04.08 10:26

O Centro Comarcal de Valdeorras, en colaboración coa Rede de Dinamización da Sociedade da Información, inicia hoxe un obradoiro de mecanografía e outro de iniciación á informática, dentro das actividades que promove a dinamizadora da RDSI que desenvolve o seu traballo desde a Casa de Río Cigüeño.

O obradoiro de mecanografía será de 9 horas de duración, dará comezo o día 14 de abril até o día 22 do mesmo mes en horario de 17:00 a 18:30 de luns a venres. Terá lugar na aula CMG do Barco de Valdeorras na  praza do Concello nº2. Con esta actividade preténdese  que os asistentes aprendan a escribir usando o teclado do ordenador, coa posición correcta dos dedos no teclado e sen necesidade de mirar  a este.

O obradoiro de Iniciación  á Informática consta de 6  horas de duración, terá lugar os días  14, 16, 18, 21, 23 e 25 na sala de xuntas do Centro Comarcalde Valdeorras (Casa Riocigüeno-Rúa Veiguiña nº5) de 11:30 horas a 12:30 horas. O obxectivo desta acción formativa é que os asistentes adquiran uns coñecementos básicos do manexo do funcionamento do ordenador e que se familiaricen cos seus elementos básicos como o teclado, o rato, escritorio...etc

Para máis información sobre o calquera destes obradoiros e as actividades da Rede de Dinamización da Sociedade da Información podese acudir ao seu portal web ou mandar un e-mail á dinamizadora. 

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng