dd Concello do Barco : O Concello reabre desde o día 27 as instalacións deportivas

O Concello reabre desde o día 27 as instalacións deportivas

25.05.20 15:06

Este mércores volverán abrir as instalacións deportivas do Concello do Barco, tras o seu peche por mor do confinamento polo Covid. Para a utilización das pistas de pádel, atletismo e tenis será preciso facer unha reserva previa, e cumprir unha serie de requisitos tanto para a solicitude de uso das instalacións, como para facer deporte nas mesmas. Nos enlaces que se incorporan máis abaixo están os protocolos marcados para cada unha das pistas.

Aqui pode consultar protocolos.

Comienza la descarga del archivoProtocolo pista tenis

Comienza la descarga del archivoProtocolo pista padel

Comienza la descarga del archivoProtocolo pista atletismo

A vista da publicación no DOGA do sábado 13 de xuño de 2020 da

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se dá publicidade do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade,

na que se indica no seu Punto 3.21. Práctica da actividade deportiva federada de competencia autonómica: "2. Sempre que sexa posible, durante a práctica da actividade deportiva deberá manterse a distancia de seguridade interpersoal. Para estes efectos, para a realización de adestramentos e a celebración de competicións, as federacións deportivas galegas deberán dispor dun protocolo, que será aprobado mediante resolución da Secretaría Xeral para o Deporte, no que se identifiquen as situacións potenciais de contaxio, atendendo ás vías recoñecidas polas autoridades sanitarias, e no que se establezan as medidas de tratamento de risco de contaxio adaptadas á casuística."

a Concellería de Deportes do Barco, atópase á espera de que as diferentes federacións deportivas aproben os seus protocolos para proceder á elaboración dos protocolos de uso para apertura das diferentes instalación municipais, co obxecto de que os Clubs deste Concello poidan recuperar os seus adestramentos.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng