Aberto o prazo para a solicitude de prazas na Escola Infantil do Barco para o curso 2020-2021

19.05.20 09:47

Desde hoxe está aberta a convocatoria para iniciar o procedemento de adxudicación de prazas na Escola Infantil municipal 0-3 do Concello do Barco para o curso 2020/2021.

Para o curso 2020/2021 convócanse as seguintes prazas libres por grupos de idade para a escola infantil municipal do Barco:

-Grupo 0-1 (nados no 2020): 8 prazas libres

- Grupo 1-2 (nados no 2019): 4 prazas libres (de 13 totais)

- Grupo 2-3 (nados no 2018): 6 prazas libres (de 20 totais)

Quedan reservadas as prazas de renovación do alumnado do centro e as de emerxencia social derivadas do departamento de Servizos Sociais do concello.

Todo procedemento deberá realizarse de xeito telemático, cos requisitos e condicións que se poden consultar no seguinte enlace:

 

https://sede.concellodobarco.org/fileadmin/solicitudes/guarderia/Convocatoria_prazas_curso_2020-21_EIM_O_Barco.pdf

 

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng