INTENSIFICACIÓN DAS MEDIDAS DE DESINFECCIÓN EN ZONAS COMERCIAIS

06.05.20 14:14

A situación xerada pola evolución do coronavirus COVID-19 supuxo a adopción de medidas de contención extraordinarias polas autoridades. Entre elas, o Concello está a facer tarefas de desinfección, de xeito periódico, en todas as rúas, e diariamente nas entradas de supermercados, farmacias, bancos, residencia de anciáns, Hospital e Centro de Saúde.

Coa apertura doutros establecementos comerciais, e coa prevista reanudación da actividade na hostalaría, desde este luns intensificouse a desinfección, e se procederá a realización de desinfeccións diarias nas rúas das zonas comerciais do municipio, con especial insistencia nas entradas dos comercios. A partir do día 11, estes traballos estenderanse tamén ás zonas onde hai establecementos de hostalería. Con esta medida, o Concello quere conseguir que a veciñanza se sinta segura facendo as súas compras no comercio local, e gozando de novo das terrazas ao aire libre.

A realización das tarefas extraordinarias de desinfección fai preciso que parte dos traballadores do servizo de limpeza viaria estean ocupados con esta función, polo que non están a realizar con normalidade os barridos de rúas e beirarrúas.

Por elo, solicitase a veciñanza que siga a actuar coa responsabilidade que ten demostrado nestas últimas semanas, e que se procure manter a limpeza das rúas, procurando non botar cabichas, papeis, mascarillas e luvas no chan, e recollendo con prontitude as deposicións dos cans.

A desescalada das medidas decretadas polo estado de alarma non implica deixar de cumprir coas normas básicas para evitar contaxios entre a poboación. Por elo, recordase a todos os veciños a necesidade de manter a distancia física entre as persoas, e de seguir coas medidas de hixiene de mans recomendadas polas autoridades sanitarias, así como o resto das directrices marcadas para as saídas.

 

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng