Excéntricas presenta Medida x medida de Shakespeare este venres no TLO

25.11.19 08:57

Medida x medida de William Shakespeare é unha das grandes producións do teatro galego nesta temporada, cun elenco de luxo e a dirección de quico Cadaval a compañia PT Excéntricas celebra con ela o seu 15 aniversario. No TLO este venres 29 de novembro ás 21 horas.

Isabella abandona o convento por tres días coa intención de salvar a vida do seu pecadento irmán, un mozo condenado a morte. Palacios, cadeas, perversidade, corrupción, hipocrisía social, sexo e amor configuran esta valente comedia negra, en ton de thriller. A obra revela unha cara escura da sociedade aínda moi vixente, onde non se ten en conta a vontade da muller e o abuso sexual é moeda de cambio.

O director Quico Cadaval achega a súa frescura e irreverencia a unha das grandes obras de Shakespeare. Medida x medida é unha das grandes propostas da temporada teatral galega: enigmática, abafante e divertida.

Intérpretes: Melania Cruz, Patricia Vázquez, María Costas, Josito Porto, Santi Romay, Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira. Vestiario e escenografía: Suso Montero. Dirección musical: Bernardo Martínez. Adaptación e dirección: Quico Cadaval

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng