Momi Ogalla, "contaor de historias", presenta no De Perto "De idas y vueltas"

03.07.19 10:59

Será o mércores 10 de xullo (20h30) no Xardín da Casa Grande de Viloira cando se presente este espectáculo de narración oral para público adulto no que o "contaor" gaditano lle presta a voz a historias ignoradas e ás persoas innomeadas que llas ensinaron.

En "De idas y vueltas" a través da rebeldía da palabra, a dureza da realidade, o amor á vida, a beleza do movemento e o sentido do humor do cotián convídase o público a viaxar... viaxar a través dos contos.

Jerónimo ‘ Momi’ Ogalla (Cádiz 1985) é actor, traballador social e especialista en teatro social e intervención socioeducativa. Diplomado en Traballo Social e Especialista Universitario en Intervención Socioeducativa a través do Teatro pola Universidade Pablo de Olavide de Sevilla. Recibiu formación en Perú, Arxentina e Colombia en técnicas para o traballo comunitario e social a través da arte. A súa experiencia profesional está ligada á intervención comunitaria con colectivos en risco de exclusión, á formación en técnicas de teatro social e á dinamización de grupos, así como ao cooperativismo e o traballo en rede.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng