Cheap Synthroid

Synthroid is especially important during competitions and for rapid muscle growth. No prescription needed when you buy Synthroid online here. This drug provides faster conversion of proteins, carbohydrates and fats for burning more calories per day.

Cheap Abilify

Abilify is used to treat the symptoms of psychotic conditions such as schizophrenia and bipolar I disorder (manic depression). Buy abilify online 10mg. Free samples abilify and fast & free delivery.

Sponsored:

The best online shops in Italy:

Concello do Barco : Camiñada cultural en Trives polos Sequeiros e a Ponte Navea

Camiñada cultural en Trives polos Sequeiros e a Ponte Navea

14.11.18 09:24

Este sábado 17 de novembro haberá unha nova camiñada cultural. Nesta ocasión será a ruta dos Sequeiros e a ponte Navea, nas terras de Trives. A saída será ás 9h30 da aldea de Pena Folenche e regreso ao mesmo punto cara as 13h30. Serán uns 6 qm. fáciles de andar e de grande interese paisaxístico e patrimonial.

A cultura ancestral arredor do aproveitamento da castaña ten nos sequeiros unha das súas mellores expresións. Pena Folenche, próxima a Pobra de Trives, reúne un dos mellores conxuntos desta singular construción. Ao deixar atrás as últimas casas da aldea contémplase unha fermosa paraxe, coas fragas dos ríos Navea e Bibei no horizonte. Os Sequeiros remóntanse a épocas pasadas, xa que eran os lugares onde se secaban as castañas. Creouse unha aldea para estas tarefas onde a xente permanecía longas tempadas durante as labores de recollida e secado das castañas nos meses de outono.

Por entre os soutos e os sequeiros chegaremos á ponte do Navea, unha obra medieval sobre unha anterior romana, no paso da Vía Nova que unía Braga e Astorga.

O roteiro é circular e será guiado por persoal da Oficina de Turismo do Concello de Trives, tamén contará coas explicacións do arqueólogo Santiago Ferrer, especialista na romanización.

Como en todas as Camiñadas culturais non é preciso inscribirse, é unha actividade gratuita, pode participar calquera persoa que queira estando puntual no punto de partida, os menores deberán ir acompañados e cada quen chega ao punto de partida polos seus propios medios.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng