Viloira celebra este sábado o Magosto do San Martiño

10.11.17 10:59

Será, un ano máis, na praza Otero Pedrayo o sábado 11 de novembro a partir das 19 horas. Coincide coa festa de San Martiño que é o patrón da parroquia de Viloira e agárdase a concorrencia de numerosas persoas, atraídas por unha das celebracións máis enxebres do calendario galego.

O grupo de música tradicional Amencer será o encargado de amenizar o magosto. Este ano a Concellaría de Cultura e Educación incluíu varias novidades: presentación na propia praza da exposición elaborada por alumnos de primaria do Barco e que leva por título “O Magosto e o Samaín, personaxes de medo na cultura galega”. A partir das 21:30 hrs. haberá un correfoc a cargo da Associació Cultural Ball d'Enveja de Vilanova i la Geltrú (Barcelona), os correfoc son unha expresión da cultura popular catalá, balear e valenciana na que varias persoas corren e saltan entre fogos artificiais.

Finalmente a partir das 23 horas e xa na praza Maior haberá un concerto do grupo Os Mecánicos, unha iniciativa do café Veira Sil.

 

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng