A Panadaría presenta este venres a historia de Elisa e Marcela

07.11.17 09:12

Elisa e Marcela baséase na historia de dúas mulleres que casaron pola igrexa na Coruña en 1901, facéndose pasar unha delas por home, e que foi o primeiro matrimonio entre persoas do mesmo xénero. Con Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman. Este venres, 10 de novembro, no TLO ás 21h.

O 8 de xuño de 1901 dúas mulleres, Elisa e Marcela, casan na igrexa de San Xurxo na Coruña. Para conseguir enganar ao cura e facer oficial o seu amor, Elisa transfórmase en Mario. A voda e os posteriores sucesos que envolven a súa historia convértenas no primeiro matrimonio homosexual do que temos constancia en todo o Estado mais tamén nunhas das mulleres máis transgresoras da Historia de Galicia. Elisa e Marcela son un símbolo do desafío ás regras do binomio de xénero e da defensa dos dereitos das parellas lésbicas. O texto é de Esther F. Carrodeguas, Gena Baamonde e A Panadaría e a dirección de Gena Baamonde.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng