dd Concello do Barco : Talía Teatro presenta a comedia O método Gröholm este venres

Talía Teatro presenta a comedia O método Gröholm este venres

15.04.13 09:42

Este ventes, 19 de abril, Talía Teatro presenta no TLO (21h) “O método Grönholm” de Jordi Galcerán, con dirección de Xúlio Lago. Unha obra cargada de humor cruel sobre o proceso de selección de persoal para un posto de alta dirección, no que os aspirantes son sometidos a probas nada convencionais.

Estamos diante dunha das pezas de máis éxito do teatro actual: Estreada no Teatre Nacional de Catalunya en 2003, foi representada en 60 paises e vista por máis de dous millóns de espectadores, foi levada ao cine en 2005 polo director arxentino Marcelo Piñeiro e producida o ano pasado para TV3.

Protagonizada por Toño Casais, Artur Trillo, María Ordóñez e Dani Trillo a acción trancorre na sala de reunións dunha empresa multinacional, onde comparecen catro aspirantes a ocupar un cargo executivo importante. A razón da súa presenza alí é que todos eles foron convocados a unha última proba na que a Empresa decidirá quen dos catro é o elixido para o posto. A proba nesta ocasión vai ser conxunta realizándose polos catro aspirantes ao tempo. Ao pouco de dar comezo vai quedando claro para todos os aspirantes que aquela non é unha proba convencional. Todos , tres homes e unha mulle, son profesionais con ampla experiencia, con cargos importantes en outras empresas na actualidade-, afeitos a superar todo tipo de desafíos para alcanzar os obxectivos. Pero esta experiencia, na que entra en xogo o Método Grönholm, é unha experiencia distinta.

Como é habitual a billeteira abrirase unha hora antes da representación. O prezo da entrada 5 euros. O espectáculo terá unha duracción de 1h45 aproximadamente e non é recomendada para nenos menores de 13 anos.

 

 

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng