Aberto o prazo para as solicitudes de subvención de asociacións culturais e ANPAS

30.11.17 09:10

Hoxe saen publicadas no BOP as bases para ambas convocatorias. O prazo de solicitude é de 10 días naturais a partir do día seguinte á publicación. Poden concorrer as asociacións culturais e as ANPAS do concello do Barco.

No BOP (Boletín Oficial de Provincia de Ourense) de hoxe fanse públicos os dous anuncios, segundo acordo da Xunta de Goberno Local de 26 de outubro pasado: https://bop.depourense.es/portal/cambioIdioma.do

As bases xunto cos documentos anexos están dispoñibles para a súa descarga na páxina web de concello (www.concellodobarco.org) Acceso sede electrónica / Tablón de edictos (publicadas o 15 de novembro): https://sede.concellodobarco.org/index.php?id=136

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng