Fantoches baj abre a temporada teatral con Auga que non vas beber

17.09.18 11:19

Auga que non vas beber é un espectáculo musical, de monicreques para adultos e narración oral a cargo da compañía Fantoches Baj. O Teatro Lauro Olmo abre con el a temporada este venres, 21 de setembro, ás 21 horas.

Protagonizada por Almudena Vidal e Inacio Vilariño (autor e director) Auga que non vas beber é un recital satírico para monicreques, onde salientan diversas cantigas populares como A saia da Carolina, O sermón do padre Damián ou O cura está malo, entre outros cantos e contos que remiten sempre a unha memoria colectiva de transmisión oral compartida en toda a península ibérica e que o autor enlaza para contar as aventuras e desventuras amorosas do muiñeiro Xosé coa Carolina, baixo a libidinosa tutela do padre Damián, cura de Agolada. A obra resultante foi gañadora do premio AGADIC de textos para monicreques para adultos no 2010.

A posta en escena está inspirada na figura teatral do cego con monifates, tan presente en Galicia no século XIX, da que se rescata a relación que aí se establecía entre actores e monicreques de luva e na que o narrador é tamén actor e manipulador dos personaxes. Deste xeito Inacio fará os papeis de narrador, do padre Damián e do muiñeiro Xosé, e Almudena acompañará musicalmente a peza ao tempo que asume o papel da Carolina.

 

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng