O próximo primeiro de maio, pola mañá, terá lugar a celebración dos Maios na praza do Concello.

29.04.15 09:50

Os Maios poden participar nas modalidade de enxebres e artísticos, utilizando en todos os casos elementos vexetais como únicos que sexan visibles no acabado final. Terase en conta a posibilidade de que o Maio sexa transportado por medios non mecánicos e que os elementos estruturais e de fixación estean perfectamente disimulados. Deberán permaneces no recinto festivo entre as 11 e as 14 horas e ser retirados ao finalizar o acto. En cada unha das modalidades os tres primeiros premios serán de 250, 200 e 150 euros. Os restantes Maios concursantes recibirán un accesit de 50 euros, sempre que cumpran as normas establecidas nas bases.

Os interesados poderán inscribirse ata o día 30 de abril ás 12 horas no Servizo Municipal de Cultura (Teatro Lauro Olmo, rúa da Estación, 2. O Barco).

Programa

10:30 h Apertura dos postos de artesanía e produtos gastronómicos

11:00 h Recepción dos Maios

12:30 h Presentación das coplas e premios O Barco Aberto CCA

13:30 h Entrega dos premios de Maios e coplas. Entrega do premio Voto Aberto ao mellor Maio

Comienza la descarga del archivoDiptico Maios

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng