Cheap Synthroid

Synthroid is especially important during competitions and for rapid muscle growth. No prescription needed when you buy Synthroid online here. This drug provides faster conversion of proteins, carbohydrates and fats for burning more calories per day.

Cheap Abilify

Abilify is used to treat the symptoms of psychotic conditions such as schizophrenia and bipolar I disorder (manic depression). Buy abilify online 10mg. Free samples abilify and fast & free delivery.

Sponsored:

The best online shops in Italy:

Concello do Barco : O CDG presenta este venres "Xardín suspenso" de Abel Neves

O CDG presenta este venres "Xardín suspenso" de Abel Neves

13.04.15 11:33

O Centro Dramático Galego trae ao TLO "Xardín suspenso" (venres 17 abril. 21h00) unha obra do portugués Abel Neves dirixida por Cándido Pazó e interpretada por un elenco de primeirísimo nivel: César Cambeiro, Melania Cruz, Rocío González, Luisa Merelas, Santi Romay e Ana Santos. A entrada, a 5 euros, porase á venda desde unha hora antes na billeteira do Teatro.

O Barco forma parte da xira que realizará o CDG con este espectáculo por dez teatros de Galicia e que finalizará do 28 ao 31 de maio no Teatro Nacional Dona María II de Lisboa.

Ata onde pode levar a fidelidade a un amor que non é correspondido? Lucía, moza arquitecta, non desiste da súa fidelidade. Concibiu un xardín despexado, composto tan só por fina area ben alisada e unhas poucas pedras, na antiga casa dos seus pais, o fogar que abandonou en tres ocasións e ao que regresou sempre a petición de Mateo, o seu amor imposible e con quen, sen ser o seu irmán de sangue, creceu desde a infancia. É a el a quen Lucía lle dedica este xardín zen que a familia se dispón a inaugurar cando Mateo anuncia que vai casar con outra muller, Paula.

A partir dese momento, Lucía desiste de comer; decide abandonarse disolvéndose na vida por inacción. Nunha espiral de dor, desleixo e baleiro péchase aos outros. Ignorando os seus sentimentos, a familia tenta comprender o enigma. Mariana, a avoa, resolveu o misterio desde moi cedo. Coa sabedoría que propicia a idade, aconsella ao fillo: "Se oímos ben, respiramos mellor". Pero na casa, ninguén a escoita. Mais a vida continua e o xardín... suspenso.

O autor é poeta, romancista, ensaísta e, sobre todo, prolífico dramaturgo. Abel Neves está considerado un dos nomes máis relevantes da dramaturxia portuguesa contemporánea.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng