O grupo ugandés Aba Taano ofrece este xoves un concerto solidario

16.03.15 10:50

A actuación do sexteto Aba Taano é unha iniciativa solidaria da ONG Música para Salvar Vidas para manter os seus orfanatos en Uganda. O concerto será este xoves, 19 de marzo, a partir das 20h30 e o prezo da entrada 8 euros. Aba Tanno ofrece un variado repertorio de góspel e cantos africanos co que levan percorrido numerosos escenarios de España e Europa.

Unha música distinta, unha formulación orixinal, un repertorio propio e moitísimas táboas son as características destes 6 mozos ugandeses, que percorreron a maioría dos auditorios de España. Cantan góspel, canto africano, tribal, improvisan sobre melodías populares africanas, melodías modernas e pop, bailando á vez, pero sobre todo, creando o seu propio estilo cheo de alegría.

Son os maiores dun coro creado nun orfanato en Uganda hai 9 anos. Cos seus cantos axudan a recadar fondos para financiar o proxecto humanitario de MÚSICA PARA SALVAR VIDAS. Hoxe en día son profesionais da música e grazas ao seu talento e ás súas actuacións, non só viven de maneira independente, senón que axudan tamén aos que se atopan na situación na que estaban antes. Aba Taano transformouse co maior apoio do orfanato e o proxecto de Música para Salvar Vidas en Uganda.

 

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng