Cheap Synthroid

Synthroid is especially important during competitions and for rapid muscle growth. No prescription needed when you buy Synthroid online here. This drug provides faster conversion of proteins, carbohydrates and fats for burning more calories per day.

Cheap Abilify

Abilify is used to treat the symptoms of psychotic conditions such as schizophrenia and bipolar I disorder (manic depression). Buy abilify online 10mg. Free samples abilify and fast & free delivery.

Sponsored:

The best online shops in Italy:

Concello do Barco : Il Maquinario presenta este venres Perplexo, unha comedia delirante

Il Maquinario presenta este venres Perplexo, unha comedia delirante

24.02.15 09:39

Este venres, 27 de febreiro, ás 21 horas Il Maquinario presenta Perplexo de Marius Von Mayenburg dirixido por Tito Asorey, con Melania Cruz, Fernando González, Fran Lareu e Laura Míguez. Para público adulto. As entradas á venda, 5 euros, desde unha hora antes.

Perplexo é a segunda montaxe de ilMaquinario Teatro, estreada no Teatro Principal de Ourense en Outubro de 2014. Partindo dun dos últimos textos do exitoso dramaturgo alemán Marius Von Mayenbug, a compañía constrúe unha delirante comedia sobre a dificultade de atoparnos a nós mesmos dentro desta sociedade tan vertixinosa que nos tocou vivir neste século XXI.

Gags contínuos, xiros sorpresivos de guión, transformacións de personaxes, humor surrealista e un ritmo incríble fan desta peza unha experiencia altamente gratificante para o espectador, que sairá do teatro ben seguro rindo e desfrutando, pero tamén debatíndose sobre o lugar que debemos ocupar, todos nós, nesta sociedade.

Laura e Fernando volven a casa despois das vacacións, mais ao pouco de entrar perciben nela pequenos pero estraños cambios: unha nova planta aparece na cociña, o seu gato non está por ningures e a luz está cortada por falta de pago, aínda que uns amigos da parella, Fran e Mela, quedaron ao coidado das cousas na súa ausencia. Cando esta nova parella aparece en escena a situación da un xiro, pois semella que eles son os verdadeiros e lexítimos propietarios da vivenda.

A perplexidade de Laura e Fernando ante a nova situación transfórmase en aceptación, rematando por retirarse da vivenda… de quen é realmente a casa? Quen son realmente eles? Tiveron algunha vez un gato? Cando Laura e Fernando volven aparecer na casa, fano baixo o rol do fillo e da au-pair da outra parella. A partir deste momento a peza sucederase nun continuo xogo de intercambio de roles, onde o espectador será trasladado a un vertixinoso devir de escenas onde os actores-personaxes deberán transformarse para adecuarse a unha realidade en constante cambio.

O teatro pasa a converterse nunha metáfora da nosa realidade actual, onde todos temos que impoñernos determinadas máscaras sociais para facer fronte ás novas situacións que a vida nos presenta. A cuestión é: que queda de nós mesmos ante esta vertixe de personalidades múltiples? Quen somos realmente?

A peza, na que os personaxes teñen o mesmo nome que os actores que a interpretan, xoga dun xeito audaz co teatro dentro do teatro para falar, de maneira tremendamente cómica, de temas de tanta actualidade como son a procura dunha identidade propia, a pervivencia do fascismo na nosa sociedade, as dificultades das relacións de parella, a explotación dos inmigrantes no mundo occidental e mesmo a existencia (ou non) dun poder superior que rexe as nosas vidas (chamémoslle Deus, destino, ou enerxía cósmica). Os personaxes que a habitan, presos da necesidade dun constante cambio que lles permita adaptarse ás novas situacións que a peza lles vai esixindo, faranos reflexionar sobre a arbitrariedade do universo e sobre o noso papel como seres humanos nesta sociedade que, ás veces, é tan difícil de comprender.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng