O próximo luns os Reis Magos percorrerán en carrozas as rúas do Barco

02.01.15 09:28

O luns 5 de xaneiro terá lugar unha das festas máis agardadas polos máis pequenos da casa: a chegada dos Reis Magos de Oriente co seu cargamento de agasallos para ir deixando, pola noite, nas casas dos nenos e as nenas do Barco. Os ilustres visitantes deixaranse ver polas rúas máis céntricas da Vila a partir das 17h30 para saudar logo a todos os barquenses desde o balcón da Casa do Concello.

Imaxe do final da Cabalgata do ano pasado. Foto: Gustavo Docampo

Imaxe do final da Cabalgata do ano pasado. Foto: Gustavo Docampo

A cabalgata da ilusión partirá ás 17h30 da Estación de autobuses, pois os Reis chegarán ao Barco en este medio de transporte. Tras ocupar, cada un co seu séquito de paxes, a carroza preparada especialmente para a ocasión, a comitiva percorrerá as avenidas de Galicia, Conde de Fenosa e Marcelino Suárez botando caramelos ao seu paso para concluir na praza do Concello, onde serán recibidos polo alcalde e outros membros da cámara municipal momentos antes de subir ao balcón do edificio consistorial para dirixir o seu tradicional saúdo.

Logo deste acto, que se agarda multitudinario, os Reis e os seus axudantes comezarán unha intensa noite visitando todas as casas onde foi requirida a súa máxica intervención por algún rapaz ou persoa maior que quixo ser neno por un día.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng