Caxade no Teatro Lauro Olmo co gallo das Letras Galegas

13.05.19 09:41

Finalmente o concerto de Caxade será no Teatro Lauro Olmo e non na praza Maior, por mor do tempo, o xoves 16 de maio ás 20h30 con entrada libre. Caxade (Premio Martín Códax 2016 na categoría de Folque) é o proxecto persoal de Alonso Caxade. Folk-pop cun arrecendo a música minimalista e a sons bucólico-pastorís da vella Europa.

Caxade é unha banda que fai música elegante, modesta e sinxela, surrealismo posmoderno e discurso reivindicativo, metafórico e irónico. Nace no último trimestre do 2012 como proxecto audiovisual transgresor, coas videocreacións “Dança dos Moscas”, “Gente Pota” e “Sr. Xorda” (con Javier Antelo Seoane, Iria Pinheiro e Tánia Ameneiro). En novembro de 2013 edita no selo cooperativo "Discos da Máquina" o seu primeiro traballo discográfico A Dança dos Moscas coa banda formada por Manu Paino (trompeta e carilhom), Manu Espinho (bombardino), Xosé Tunhas (bateria) e o propio Alonso Caxade (voz e acordeón).

Dous anos despois (decembro de 2015) sae á venda o DVD CD A Dança dos Moscas Ao Vivo gravado coa Banda de Música da Bandeira e, xa en 2016, o seu último traballo. A consolidación dun son e dunha voz que insufla aires pop na música tradicional galega.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng