Inaugúrase en Ourense Cónica de maio-París 1968 de Díaz Ferrer

04.04.19 12:36

Será este venres 5 de abril ás 20h30 no Liceo de Ourense, está organizada por Amigos da República de Ourense e contará coa presenza de Micheline Langlois, viúva do pintor. O acto reviste un especial significado pois foi no propio Liceo onde Díaz, apadriñado por Vicente Risco, celebrou a súa primeira exposición en 1945.

"Crónica de Maio. París 1068" do pintor Jesús Díaz Ferrer (O Barco, 1922 - Concud. Teruel, 2017) conclúe na cidade das Burgas unha itinerancia que tiña comezado hai un ano no Barco e que a levou por Santiago, Muros, A Coruña, Monforte e Allariz. A exposición está formada por 55 obras en papel e madeira, acrílicos e tintas augadas en cor e branco e negro, coas que o artista, que vivía naquela altura na capital francesa constrúe "unha reportaxe cargada de creatividade e á vez cheo de autenticidade e proximidade" en palabras do historiador da arte e curador da mostra, Luís Enrique Rodríguez Arias.

As revoltas de maio de 1968 foron uns acontecementos cruciais que marcaron toda unha época e que Díaz Ferrer relata coa súa pintura cunha mirada persoal e xenuina. Os debuxos e pinturas que se exporán no Barco son da colección de Micheline Langlois, a viúva do pintor, quen as cedeu para que fosen coñecidas en Galicia. O concello do Barco produciu esta exposición, que coincide co 50 aniversario daqueles acontecementos, para dar a coñecer este artista polifacético e de intensa traxectoria que deixou O Barco aos 17 anos. Viviu en Madrid e París, participando nos movementos de vangarda que impregnan as súas creacións, ata o ano 1981 que regresa a España para instalarse en Teruel.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng