Cheap Synthroid

Synthroid is especially important during competitions and for rapid muscle growth. No prescription needed when you buy Synthroid online here. This drug provides faster conversion of proteins, carbohydrates and fats for burning more calories per day.

Cheap Abilify

Abilify is used to treat the symptoms of psychotic conditions such as schizophrenia and bipolar I disorder (manic depression). Buy abilify online 10mg. Free samples abilify and fast & free delivery.

Sponsored:

The best online shops in Italy:

Concello do Barco : Abubukaka presenta en clave de humor un Drácula transgresor

Abubukaka presenta en clave de humor un Drácula transgresor

24.10.18 11:56

Abubukaka, o grupo máis mediático e recoñecido do teatro canario, vai estar con Drácula de xira por Galicia. O sábado 3 de novembro poderá verse no Teatro Lauro Olmo ás 20 horas. As entradas á venda desde unha hora antes na billeteira do Teatro.

Abubukaka presenta o sábado 3 de novembro (20h) no Teatro Lauro Olmo o seu novo espectáculo Drácula, unha adaptación en verso da celebérrima obra de Bram Stoker pero, sobre todo, unha temeridade que ousa arrincar ao Conde das súas tebras a base de risas. Esta obra viu, por primeira vez, a luz en outubro de 2017 coa súa estrea absoluta no Teatro Guimerá de Santa Cruz de Tenerife. Unha produción ambiciosa que, como xa fixera con anteriores exitosos espectáculos "A Familia Tradicional" e "Heidi", rompe coa afeita segmentación en skecths que caracteriza á compañía e mostra unha trama continua que zigzaguea entre os icónicos personaxes aos que o noso protagonista mordisquea.

Esta adaptación en verso do coñecido clásico leva máis de 20 funcións e vírona máis de 10.000 espectadores. Busca dar unha volta ao cliché do "amor romántico" para converterse nunha comedia transgresora cunha mirada crítica sobre a igualdade de xénero.

Drácula de Abubukaka é o que todos sabemos de Drácula, toda a imaxinaría que abigarra a catedral erixida en honra ás sombras por tantos mitos, lendas, libros, películas, cómics... o único é que Abubukaka non só quere iluminar esa catedral, senón que pretende bailar un vals vehemente sobre as laxas para que cada paso reverbere con grandilocuencia na súa bóveda. A vea romántica de Abubukaka non dá tanto como para alcanzar o sublime, polo menos non pola parte do belo, algo podería rabuñar pola outra parte, pola parte do ominoso, pero onde si que desexa fincar o dente Abubukaka é na arteria principal da moralidade. A quen presuman de ser axentes do ben vai dirixido a montaxe, pois demandamos axuda para despexar as nosas dúbidas. Preguntaremos en nome de Lucy canto custa a veleidade, en nome de Jonathan canto a dilixencia e o sometemento ejemplarizante, deixando para van Helsing a fiabilidade do certo, para Mina o abismo do amor e para Vlad Dracul o peso enteiro da humanidade. Até tales escuridades anhela levar Abubukaka a todos os que queiran soñar o ceo desde o noso cadaleito. Agora ben, non se asusten, todo será entre risas e bromas, temos preparados un banco de chistes para entreter a cabezada. Lírenos Deus de que a nosa adaptación de Drácula sexa un morto! En todo caso será un non morto.

 

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng